Pensamos que un evento como este ten que ser tamén un polo de impulso á creación, por iso poñemos en marcha uns obradoiros multidisciplinares que bautizamos como FUNfunlab.
Lab Gráfico.
Duración: 3 horas. Prazas: 15.
Dinamizadores: Maru Astray e Dani Xove.
Elaboración de un fanzine conxunto e á vez fanzines únicos, persoais e intransferibles.
Introducción á actividades e materiais. Contaremos cunha serie de materiais de debuxo e expresión graficoplástica (papeis, bolis, pegamento, tesouras…). Escáner e fotocopiadora.
Na segunda metade da actividade introduciremos unha segunda mecánica de colaboración na maquetación do Funzine Final.
Os participantes poden traer o material co que se sintan a gusto.
Lab Fotografía: A Movida Estenopéica.
Duración: 3 horas. Prazas: 10.
Dinamizadores: Club de Foto da Fac. de Comunicación.
Construcción e manexo de cámaras de fotografía estenopeica de cartón, facendo todo o proceso fotográfico, dende a construción da cámara até o revelado da fotografía.
Importante: Os asistentes deben traer unha caixa de cartón de entre dez e trinta centímetros de lado. A ser posíbel co interior pintado de negro (pintado ou forrado de cartón). No Lab realizaremos o estenopo necesario a cada caixa para facer as fotos, xa que require dunhas características especiais.
A organización fornece os materiais fotográficos e de revelado, mais tamén, quen quixer, pode traer material propio.
Lab Audiovisual: Obradoiro pequeniño para mirar a través dunha cámara Duración: 3 horas. Prazas: 10.
Dinamizador: Bruno Arias.
É preciso traer algún aparello que grabe vídeo (cámara, teléfono, etc.).
Cunha cámara darémoslle unha voltiña á forma en que nos relacionamos coas nosas pulsións creativas. Neste obradoiro pequeniño imos intentar solucionar este problema, aínda que sexa por un par de horas, para ver se podemos aproveitar a oportunidade que nos dá poder xogar cunha cámara. Non imos ter por obxectivo chegar a ningún punto, só percorrermos o camiño e buscar que aparece nel. Falaremos sobre un par de cousiñas, separarémonos para poñelas en práctica e volveremos para falar outra vez e ver o que atopamos.