A Biblioteca Nacional de España fai un chamamento para consolidar un fondo de fanzines para que estean dispoñíbeis para a súa consulta.
A entrega dos fanzines para o depósito legal por parte dos seus responsábeis editoriais enténdese incluída no artigo 4.3.C. da Lei 23/2011.
O procedemento a seguir no referente ás futuras publicacións é o seguinte:
1- Solicitar o número de depósito legal na oficina da provincia na que estea empadroada a persoa que edita o fanzine. A relación de oficinas está publicada en Oficinas do depósito legal | Biblioteca Nacional de España. A maioría das Oficinas de depósito legal permiten tramitar o número telemáticamente.
2- O número debe aparecer nun lugar visíbel dentro da publicación.
3- Entrega dos exemplares na oficina.
No que se refire aos fanzines que xa foron publicados, non é necesario realizar unha nova tirada co número de depósito legal impreso, senón que se pode solicitar un número con carácter retroactivo e entregar os exemplares. Tamén poden enviarse por correo certificado.
Máis información sobre o funcionamiento do depósito legal na web informativa Depósito legal | Biblioteca Nacional de España.