Ao abeiro do evento poñemos en marcha unhas xornadas de reflexión e encontro teórico sobre o mundo dos fanzines e a autoedición en colaboración co grupo de investigación IDEAHS, Investigación e Desenvolvemento en Artes e Humanidades (GI-1510) do Departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela (USC). O obxectivo é tecer redes de investigación e pensamento arredor da autoedición e a BD en todas as súas manifestacións, dentro e fóra da universidade.
4 de xuño de 2024 – Facultade de Historia da USC
Xornadas: Autoedición, arte gráfica e colectivos independentes entre Galicia e Portugal
15:00h. – Presentación das xornadas e do FunFunFun en colaboración co grupo de investigación IDEAHS.
15:15h.-16:05h. – Teresa Moure, Profesora Titular do Departamento de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral (USC): Presentación da novela gráfica Zeca Afonso. Balada do desterro de Tesresa Moure e Maria Jõan Worm.
16:05h.-16:20h. – Descanso
16:20h.-17:10h. – Paula Guerra, Professora Associada do Departamento de Sociologia (FLUP): “Publicar para resistir. Fanzines e Culturas DIY em Portugal (1978-2022)”
17:10h.-18:00h. – Miguel Anxo Rodríguez, Profesor Titular do Departamento de Historia da Arte (USC): “Os espazos independentes e a creación alternativa entre Galicia e o norte de Portugal” 18:00h.-18:30h. – Descanso.
18:30h.-20:30h. – Mesa redonda: Intercambios entre Galicia e o norte de Portugal, cos artistas Miguel Carneiro, Marco Mendes, Berto Fojo e Natalia Umpiérrez.