Obradoiros do FunFunFun

Trátase dunha serie de obradoiros que se desenvolverán todos os sábados do mes de maio, dirixidos ao público infantil e xuvenil.
Comezamos as actividades complementarias ao Festival con catro obradoiros: banda deseñada, manga e papercut, que nos permiten achegar a arte gráfica a públicos diversos, desde a infancia ata a mocidade, con propostas adaptadas a distintas idades e intereses.
Catro obradoiros os sábados de maio
A programación complementaria inclúe obradoiros programados para os catro sábados do mes de maio noutros tantos centros socioculturais. Serán sesións dirixidas a distintos tramos de idade e impartidos por profesionais de ampla traxectoria no ámbito do cómic e da ilustración, o obxectivo destes obradoiros é tanto formativo como de lecer, mais tamén son un recurso creativo e pedagóxico que estimula a imaxinación, o pensamento visual e a expresión persoal. As actividades desenvolveránse nos centros socioculturais para fortalecer a programación cultural de proximidade e consolidar os CSC como espazos vivos, abertos e útiles para a cidadanía.
Inscricións abertas
O primeiro dos obradoiros será o sábado 9 de maio no centro sociocultural de Vite, en horario de 11.00 a 13.00 horas. A actividade está dirixida a nenos e nenas maiores de seis anos, e xirará ao redor do universo do Planeta Mincha, o proxecto multidisciplinar de ciencia ficción fantástica de Manel Cráneo. Haberá 20 prazas dispoñibles, e a inscrición debe facerse no propio centro sociocultural.
No sábado 16 de maio, está previsto un obradoiro de manga no centro sociocultural de Santa Marta, a cargo de Inés Vázquez. Neste caso, a actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 8 e 12 anos
O 23 de maio a programación trasládase ao CSC Maruxa e Coralia, cun obradoiro de papercut con Paula Mayor, para rapaces e rapazas maiores de 16 anos. Por último, a programación complétase cun obradoiro de banda deseñada para maiores de 10 anos o sábado 30 de maio, no CSC do Ensanche. Neste caso, a actividade corre a cargo de Cristian F. Caruncho.
As inscricións deben facerse en cada centro sociocultural.